viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de aprendizaxe (Tarefa UD 3)

Nesta unidade traballamos o tema da desamortización de Mendizábal e a pragmática sanción desde o inicio da Guerra Carlista de España. Entre todo axudámonos coas palabrtas que non entendíamos e cos contextos que nos tocaba leer, e como este tema non o habíamos dado, apenas entendíamos nada pero co que sabíamos de anos anteriores ao final rematamos sabendo e entendendo de que ía o texto. Aprendemos cousas novas que daremos nun futuro polo tanto xa temos unha pequena idea de que irá o tema en anos posteriores, Son temas que non teñen complicación ningunha nestes momentos porque aínda non o dimos pero que cando demos será difícil, a desamortización parece interesante xa que a Guerra Carlista como todas as guerras ten unha pequena importancia. Deste xeito podemos averiguar mediante textos como era a vida no século XIX, é unha maneira de comparar como era a vida fai dous séculos a como e agora. Aprendín cousas diferentes neste traballo, é unha maneira divertida de estudar a historia de España sen que teña que ser dando clase e facendo exercicios. Este traballo tamén nos enseñou a traballar en grupo porque non é un traballo sinxelo dado que si falla un xa hai que cambiar todo o traballo que estaba organizado anteriormente.
Necesitabamos máis tempo xa que eramos moitos grupos e si non podíamos sair a grabar na clase que tiñamos prevista perdíamos unha hora que houbera sido moi valiosa a hora de realizar o vídeo.


https://youtu.be/cjqRoIb670c

No hay comentarios:

Publicar un comentario